sábado, 21 de marzo de 2026

Protagonista : Martín

 A semana do 16 ao 20 estivo de prota Martín , que xa lle tardaba en chegar o día coas ganas que tiña de ser prota. Fixo moi ben as súas tarefas na Asamblea , foi quen de escribir o seu nome e facer o seu esquema corporal. 

Logo contounos a súa historia , falounos da súa irmán maior Ainara e os seus curmáns cos que lle gusta xogar . Tamén nos dixo as súas actividades favoritas .

Grazas familia por participar nesta actividade para acadar o obxectivo de que os Pelouros se coñezan mellor e a aula este mais cohesionada. 


 

sábado, 14 de marzo de 2026

Protagonista: Daniel

 A semana do 9 ao 13 de Marzo estivo de prota Daniel, que está moi ilusionado para afrontar os retos de pasar lista, o tempo , conteo... fixo o debuxo de sí mesmo, e é todo un artista!

Despois contounos a súa biografía , agora coñecemos mais cousas  da súa familia, as súas aficcións...

Grazas familia por colaborar con esta actividade.





 
 

domingo, 8 de marzo de 2026

8 MARZO

 Durante a semana estivemos traballando na aula a conmemoración do Día Internacional da Muller.

Pintamos un mural entre todos/as, coas nosas mans, para colocar na porta da entrada.

Contamos o conto "Que fastidio ser unha princesa!" para que os nenos e nenas gozaran con esta historia que trasmite valores como a igualdade e que hai que ser valente para perseguir os nosos soños .

 


 



viernes, 6 de marzo de 2026

Protagonista: Ero

Esta semana do 2 de marzo tocoulle estar de prota ao noso compañeiro Ero, que ademais de realizar as súas tarefas de prota na Asamblea, contounos moitas cousas do seu libriño, da súa familia numerosa, as cousas que lle gusta facer...Agora os Pelouros podemos dicir que xa o coñecemos un pouco mellor!

Grazas familia por colaborar nesta actividade! 


 

jueves, 5 de marzo de 2026

Proxecto: Ler para voar , voar para soñar

 Este trimestre , como xa sabedes , estivemos traballando o proxecto de "Ler para voar , voar para soñar"

Como actividade final fixemos unha visita ao Bibliocastelo, a biblioteca de primaria, onde se atopa Papirus.

O 4 de marzo saímos cos nosos compañeiros os furabolos para poder recorrer os espazos da biblio: espazos creativos , tecnolóxico e artístico , manipulativo...

Descubrimos zonas de xogos como o recanto dos disfraces , construcción con legos , xogos de mesa, recantos de lectura relaxada con contos axeitados a nosa idade. 

A profe Teruca fixo este video da actividade , que  compartimos para que vexades como gozaron da visita


 




domingo, 1 de marzo de 2026

Protagonista : Teo

Esta última semana de febreiro tivemos de prota na aula dos Pelouros a Teo e grazas a o libriño que trouxo , agora coñecemos mais da súa historia , familia , gustos... 

Teo estivo encantado de pasar lista , facer o conteo , colocar o símbolo do tempo..., todas as pequenas cousas que fan os protas durante a asamblea , que aínda que semellen sinxelas ao converterse en rutinas dan seguridade ao tempo de inicio da  xornada escolar e permiten traballar aspectos da lectoescritura , o conteo e o esquema corporal dunha maneira lúdica e que lles encanta.


 

 

domingo, 15 de febrero de 2026

Entroido 2026

 Este curso  , dentro do proxecto xeral do centro "Deseñando o futuro", os nenos e nenas de tres anos decidiron coñecer un pouco mais a Papirus , a mascota da nosa biblioteca, co enfoque na promoción da lectura : "Ler para soñar , soñar para voar"

O pasado venres 13 de febreiro por mor do tempo non puidemos xuntarnos co alumnado de primaria,pero en infantil fixemos festa igual, merendamos as larpeiradas típicas do entroido e tivemos a actuación da comparsa de Bueu "Os Mulos". 


 


viernes, 13 de febrero de 2026

Protagonista : ZOE

 Esta semana do 9 de Febreiro tivemos de protagonista a Zoe que estivo moi contenta de contarnos a súa biografía e realizar durante a semana todas as tarefas da asamblea . Pouco a pouco, grazas a actividades como esta, os Pelouros vanse coñecendo mellor e establecendo vínculos, que é un dos obxectivos da educación nesta etapa.

Grazas familia pola vosa colaboración.

 


 

domingo, 8 de febrero de 2026

Protagonista: Pablo Freire

 Esta semana estivo de prota Pablo Freire, que fixo moi ben todas as actividades da asamblea durante todos os días da semana. 

Trouxo o libro coa súa historia e contoulle aos compañeiros e compañeiras moitas cousas da súa biografía. Agora este pequeno libriño quedará na biblioteca de aula para que todos poidan compartilo.

Gracias a Pablo e a súa familia por facelo tan ben ! 


 

sábado, 31 de enero de 2026

Protagonista: Aroa

 Esta semana empezamos na aula dos Pelouros cos "Protagonistas" cada semana estará un neno ou nena de protra para pasar lista, ser o primeiro da fila , traballar o seu nome e o esquema corporal. Farán unha pequena ficha que levarán xuntas cando esten todas rematadas. Tamén levarán a mochila viaxeira durante esa semana.

Esta semana empezou Aroa e un dos obxectivos é que os nenos e nenas da aula se coñezan un pouquiño mais , por iso, coa axuda das familias, elaboramos unha biografía coa historia de cada nen@ que nos contará as suás aficcións, a súa familia...

Como veredes nas fotos, Aroa , para ser a primeira, fíxoo xenial!

Grazas familia por colaborar con esta actividade 


 

viernes, 30 de enero de 2026

Aniversarios Xaneiro:Aroa e Pablo

 Este mes de xaneiro comenzaron os Pelouros a cumplir os 4 anos. Os primeiros foron Aroa e Pablo. Así este venres fixemos unha pequena festa na aula.

Decoraron a súa coroa e despois de soprar as candeas comemos un boliños ben sabrosos. 😋

Parabéns, Aroa e Pablo! 


 

miércoles, 21 de enero de 2026

Contacontos Kalandraka: Paco Nogueiras

 Este mércores tivemos a visita de Paco Nogueiras que achegouse ao cole  de Infantil para contarnos varios contos: Flores; Grande e pequena; Unha eiruga moi larpeira; Non é unha caixa é unha cidade; e A banda que ninguén coñece. Tamén tocou o ukelele, o acordeón...

Os Pelouros , que son moi fans dos contos , disfrutaron moito con esta actividade.