miércoles, 23 de octubre de 2024

Os Pelouros visitan a panadería

 Este mes de outubro estamos traballando no proxecto do millo, e tiñamos programada unha visita a panadería de Olga pero tivemos que esperar a que o tempo nos permitira sair cos nenos e nenas . 

Hoxe mércores, alá fomos, todos contentos e Carlos explicounos moi ben todo o proceso de facer o pan e deixounos amasar o noso boliño de pan. Foi unha experiencia fantástica para tod@s, e estamos moi agradecidos a Carlos pola súa paciencia e por sacar do seu tempo de traballo para facernos esta actividade.


 

viernes, 18 de octubre de 2024

Os Pelouros fan madalenas de cabaza

Este ano a colleita na nosa horta foi moi pobre , pero aínda así colleitamos unha pequena cabaza que polo seu peso era perfecta para facer a receita de madalenas de cabaza, e unha receita moi sinxela pero aos Pelouros encantoulles! 


 

domingo, 29 de septiembre de 2024

Aniversario de Setembro

A pesar de celebrar o aniversario no cole en setembro, Carla xa cumplira 5 anos en agosto, pero tivo que esperar a que empezara o cole para celebrar na aula dos Pelouros o seu aniversario. Como vedes estaba moi contenta , e os seus amiguiñ@s tamén porque o que é celebrar gústalles moito! 

Carla decorou a súa coroa , cantamos , soprou as candeas , comemos os boliños, e logo... a bailar!!!

 


 


jueves, 19 de septiembre de 2024

Os Pelouros van ao MiniFIC

 Hoxe os Pelouros tivemos unha xornada moi especial, que estabamos esperando durante toda a semana, fomos camiñando ata o Centro social do Mar para asistir a unha sesión de curtas ao MiniFIC de Bueu.

Ao chegar deixamos as nosas aportacións para o banco de alimentos e a flor que fixemos na aula para o mural do Fic e sacamos a foto de grupo. Despois xa sentadiños na sala estivemos super atentos ás curtas .

E as cinco que proxectaron parecéronnos poucas de tanto que nos divertiron! A favorita na nosa aula despois da votación foi "Pezuñas con patíns"