martes, 25 de marzo de 2025

Mabel ensina o seu tear

 Este luns recibimos no cole a Mabel , antiga mestra deste centro, que veu para explicarnos un dos oficios artesáns da Idade Media. Despois de explicarnos a orixe da la, e todo o proceso para convertirse nun nobelo que nos permita tecer, ensinounos a súa máquina artesán para tecer e un a un fomos comprobando o seu funcionamento, así puidemos saber o traballo que todos  os oficios artesáns teñen detrás.

Así entre todos fixemos un fermoso tecido que quedará na aula para recordar este día, e nos mesmos estamos tecendo na aula, con moita paciencia e creatividade, cos nosos  teares de cartón... 

Graciñas,Mabel, por compartir connosco

unha xornada tan especial!

 


 




sábado, 22 de marzo de 2025

Protagonista Uxía: as avoas Rosita e Tere

 Este xoves tivemos a sorte de contar na aula coas avoas de Uxía. Primeiro Rosita falounos do seu traballo como redeira, que empezou con tan só 12 anos . Fixo unha demostración de como reparar unha rede. Esta avoa era toda unha artista cosendo redes e encautonos escoitar falar dun oficio tan importarte nun pobo pesqueiro como Bueu.

Despois tocoulle o turno a Tere que antes de xubilarxe foi mestra e quiso compartir connosco algúns dos xogos aos que xogaba cando era nena e mesmo despois no cole cos seus alumnos: o xogo de "Margarita tiene un gato", "La chata berenguela", e un xogo cooperativo para que os Pelouros aprenderan que o divertido e xogar xuntos, sen necesidade de que haxa un gañador: "As sillas cooperativas". Nas fotos veredes as caras de felicidade dos nenos e nenas.

Por ultimo para relaxarnos un pouquiño contounos , "O elefante que perdeu o seu ollo" , unha viaxe a África a través dun conto sobre a importancia da calma para enfrontar as dificultades.

Graciñas avoas, por compartir connosco un anaquiño do voso tempo para ensinarnos tantas cousas !


 




 




Pekerecicla: Taller de reciclaxe

Este mércores recibimos no cole a Rocío que veu a ensinarnos como reciclar correctamente. Dun xeito moi divertido e ameno foinos repasando como reciclar correctamente e a importancia que esta pequena acción ten sobre o noso planeta. 




sábado, 15 de marzo de 2025

Protagonista Simón: O avó Walter e a avoa Ely

 Esta semana estivo de protagonista Simón, que estivo encantado de encargarse das tarefas na Asamblea.  O pasado xoves recibimos na aula dos Pelouros ao seu avó Walter e a súa avoa Ely, que viñeron para darnos a coñecer o seu país de orixe: Arxentina. Así, os Pelouros puidemos aprender  cal era a súa bebida típica, o mate, e tamén algo de xeografía ( a cordillera dos Andes), dos gauchos, do tango..., pero o que mais lle gustou aos Pelouros foi que alí é unha gran paixón o fútbol, sendo os equipos mais coñecidos  o Boca e o River.

Despois decoraron uns "alfajores", que son unhas galletas típicas de Arxentina  cociñadas por Ely, permitindo que os nenos e nenas axudaran a rematar a receita poñendo o doce de leite e o coco . Estaban boísimas!!!😋

Grazas familia por achegarvos ata o cole e colaborar nesta actividade.