domingo, 8 de marzo de 2026

8 MARZO

 Durante a semana estivemos traballando na aula a conmemoración do Día Internacional da Muller.

Pintamos un mural entre todos/as, coas nosas mans, para colocar na porta da entrada.

Contamos o conto "Que fastidio ser unha princesa!" para que os nenos e nenas gozaran con esta historia que trasmite valores como a igualdade e que hai que ser valente para perseguir os nosos soños .

 


 



viernes, 6 de marzo de 2026

Protagonista: Ero

Esta semana do 2 de marzo tocoulle estar de prota ao noso compañeiro Ero, que ademais de realizar as súas tarefas de prota na Asamblea, contounos moitas cousas do seu libriño, da súa familia numerosa, as cousas que lle gusta facer...Agora os Pelouros podemos dicir que xa o coñecemos un pouco mellor!

Grazas familia por colaborar nesta actividade! 


 

jueves, 5 de marzo de 2026

Proxecto: Ler para voar , voar para soñar

 Este trimestre , como xa sabedes , estivemos traballando o proxecto de "Ler para voar , voar para soñar"

Como actividade final fixemos unha visita ao Bibliocastelo, a biblioteca de primaria, onde se atopa Papirus.

O 4 de marzo saímos cos nosos compañeiros os furabolos para poder recorrer os espazos da biblio: espazos creativos , tecnolóxico e artístico , manipulativo...

Descubrimos zonas de xogos como o recanto dos disfraces , construcción con legos , xogos de mesa, recantos de lectura relaxada con contos axeitados a nosa idade. 

A profe Teruca fixo este video da actividade , que  compartimos para que vexades como gozaron da visita


 




domingo, 1 de marzo de 2026

Protagonista : Teo

Esta última semana de febreiro tivemos de prota na aula dos Pelouros a Teo e grazas a o libriño que trouxo , agora coñecemos mais da súa historia , familia , gustos... 

Teo estivo encantado de pasar lista , facer o conteo , colocar o símbolo do tempo..., todas as pequenas cousas que fan os protas durante a asamblea , que aínda que semellen sinxelas ao converterse en rutinas dan seguridade ao tempo de inicio da  xornada escolar e permiten traballar aspectos da lectoescritura , o conteo e o esquema corporal dunha maneira lúdica e que lles encanta.