lunes, 31 de mayo de 2021

Aniversario de Maio

 O pasado venres tivemos o aniversario de Manuel. Fixemos unha festa na aula cunha rica merenda e a ledicia de ter acadado os 5 anos,

Parabéns Manu!



Os Pelouros loitan por salvar o planeta

 Este curso escolar todo o noso colexio implicouse na tarefa de tomar conciencia sobre a importancia de loitar por salvar o planeta e os Pelouros tamén fixeron un pequeno proxecto sobre os obxectivos do desenvolvemento sostible. Para empezar as familias aportaron información e fixemos un mural entre tod@s. Despois fomos tratando os obxectivos un a un para rematar afondando mais no numero 6 : "Auga limpa para todos" e recalamos noutro proxecto relacionado co lema ."Gota a gota a auga se agota" donde descubrimos a importancia da auga para a vida do planeta e mesmo plantamos unha semente para experimentar como coa axuda da auga medraba unha plantiña de cabaza.

Agora todos os Pelouros tratan de reciclar ,reutilizar , e colaborar para que o noso planeta sexa un lugar mellor.




Compartindo os nosos libros favoritos

 Esta iniciativa saiu dos mesmos nen@s da aula que querían compartir os seus contos favoritos da casa . Así que apoveitamos a hora de ler despois do patio para ter un momento de relax escoitando os contos que traian da casa , ás veces a profe leía o conto e os nen@s amosaban as imaxes , outras veces eles mesmos se encargaban de contalo. O momento mais fermoso era ao rematar cando todos lle daban as grazas ao compañeir@ que trouxera o conto. Agora , dende aquí tamén quero agradecer ás familias a sua colaboración. Gazas por compartir



viernes, 21 de mayo de 2021

Os Pelouros "Digocho eu"


 Os Pelouros tamén quixeron participar co equipo de normalización e fixeron este pequeno video, que esperamos que vos guste.