jueves, 22 de diciembre de 2022

Visita dos Reis Magos

 Hoxe último día de cole antes das vacacións de Nadal os Pelouros escribiron unha carta aos Reis para entregarlla en persoa , foi unha xornada moi especial , pero estes Pelouros son moi valentes e foron sen problema, demos a carta , cantamos a panxoliña "Chegou o Nadal" e despois comemos roscón e  bebemos un batido de chocolate.

 Así remata este primer trimestre para os Pelouros. Foi moi emocionante compartir con eles tantos momentos durante este periodo de adaptación ao colexio, e teño que dicir que o fan fenomenal, así que espero que os Reis Magos traian moitos agasallos. Bo nadal,familias!


 

Protagonista : Helena

 Esta última semana de cole antes das vacacións de Nadal tivemos de protagonista a Helena que fixo con moito gusto as súas tarefas de prota na asamblea e como vedes xa é unha experta en escribir o seu nome e debuxarse!


Helena , como é unha nena moi autónoma, foi quen de contarnos o libro da súa  biografía. Grazas familia por colaborar!


Aniversario de Decembro : Iria

 Hoxe celebramos na aula dos Pelouros o aniversario de Iria que estaba moi contenta por poder celebrar os seus 3 anos, agora xa todos os Pelouros teñen esa idade , aínda que, por pouco tempo...

Para celebrar cantamos a canción de "Parabéns" e comemos un anaco de roscón porque nestas datas e con chocolate está boísimo!

Parabéns Iria!





 

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Panxoliña: Chegou o Nadal

 Os nenos e as nenas de infantil cantan xuntos a panxoliña  "Chegou o Nadal" signando, grazas a Rosa, intérprete en lingua de signos que ensaiou  con eles,  e mirade que ben o fan: