martes, 27 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro

O Día de Rosalía de Casto é o 23 de Febreiro, data do seu nacemento, pero por mor do tempo, fomos a celebralo xunto cos compañeir@s de primaria o luns pasado. 

Fixemos na aula unha pequena manualidade, unha casiña co verso de Rosalía "Miña casiña, meu lar" e tamén apredemos a canción  "Adios ríos adios fontes" , para cantar todos xuntos en Primaria.

Aínda que me costou que entenderan que esta Rosalía non ten nada que ver coa cantante da actualidade (espero habelo conseguido) tentamos dende a escola que valoren a nosa lingua e a figura de Rosalía como defensora da mesma e como poetisa.





 


viernes, 23 de febrero de 2024

Aniversarios Febreiro

Hoxe venres celebramos na aula os aniversarios do mes de Febreiro: Simón, Roi e Daira, que xa teñen 5 anos e para celebralo decoraron a súa coroa e sopraron as candeas despois de que xuntos cantaramos "Parabéns". Tamén houbo tempo de merendar boliños e de trroula ! 





 

jueves, 22 de febrero de 2024

Protagonista: Carla

 Esta semana tivemos de protagonista a Carla que estivo moi contenta de poder pasar lista , facer o conteo , colocar o tempo...

O  pasado luns tivemos a sorte de contar coa visita da súa nai Lorena e o seu irmán Lucas. Lorena falounos dunha das suas aficcions : o bordado e a costura, e despois de ensinarnos algúns dos seus fermosos bordados tamén ensinou aos nenos e nenas a coser , a usar a agulla...  Nesta vida Pelouros... hai que aprender de todo!

Grazas familia por compartir connosco un anaco do voso tempo e polo agasallo que deixache para que o disfruten na aula os Pelouros.



 

domingo, 18 de febrero de 2024

Protagonista: Leo

 O pasado venres tivemos a sorte de visitar o taller de Thomas, o pai de Leo, acompañados pola súa nai Elena e o seu irmán Alex. Aínda que Leo estivera de prota hai unhas semanas tiñamos pendente, por mor do tempo a actividade do protagonista. 

Sair da aula sempre é unha experiencia enriquecedora pero neste caso foi algo único, porque resulta moi difícil acceder ao taller dun artista, ese lugar onde Thomas crea e produce as súas obras. Alí puderon comprobar como os diferentes materiais se transforman en arte grazas a imaxinación do artista.

Primeiro explicaron en que consistía o seu traballo, Thomas o pai, como artista adicado á pintura e á escultura e Elena, a nai, como comisaria de arte, encargada de organizar as exposicións para amosar o traballo do artista ao público en xeral.

Despois descubrimos como é oproceso de creación : a cor , a forma , o volumen...

Coñecemos a gran variedade de materiais empregados, moitos de refugallo, que cobran nova vida nas mans de Thomas.

Tamén axudaron ao proxecto de Grecia explicando a policromía nas obras da antiga Grecia como o Partenón e mesmo invitaron aos nenos e nenas a pintar con pincel diferentes figuras da mitoloxía grega para construir entre todos o noso friso, a nosa obra de arte.
 

Mentras uns pintaban outros montaban unha obra de arte que era un puzzle , outros descubrian as dimensións das esculturas...

Grazas familia por a vivencia desta experiencia única, por facer sentir aos nenos e nenas artistas por un día e achegarse a arte a traves dunha obra actual , do noso tempo.