PELOUROS

PELOUROS

domingo, 17 de diciembre de 2023

PROTAGONISTA DA SEMANA : ROI ( visita ao Concello)

 O pasado venres día 15 fixemos unha saída , os Pelouros e os Furabolos, ata o Concello de Bueu, invitados por Silvia a mama de Roi, que quiso amosarnos o seu lugar de traballo. Alí esperabanos cinco membros da corporación que nos foron explicando a sua área de traballo, para que os nenos e nenas comprenderan a sua importante labor organizando todo o que ten que ver co pobo: recollida de basura, compostaxe, actividades culturais, urbanismo, turismo...

Os Pelouros gozaron coa visita e ademais voltaron cun agasallo: un libro sobre  a mestra Matilda Bares.

Grazas familia por permitirnos vivir esta experiencia tan enriquecedora




 

No hay comentarios: