Xa levamos unhas semanas de curso e os novos Pelouros, despois dunha breve pero intensa adaptación, xa están atopándose mais cómodos na aula, co espazo e cos compañeiros e compañeiras .
Estes primeiros días estiveron explorando libremente todos os rincóns da aula , e por primeira vez en anos, un dos recantos que mais lle gusta é a biblioteca , o mellor e grazas a André, que nos fixo unha donación de libros que xa non usa , ou a que lle gusta ver por sí mesmos os contos que vou contando na aula...
Pouco a pouco imos establecendo rutinas e normas, que lle aportan seguridade e tranquilidade, porque son moitos cambios os que estan vivindo, e aínda que na aula gozan coa plastilina , os coches , construccións , puzzles... , sen dúbida o que mais lle gusta e o patio , a nosa montaña, onde gosto de velos recoller as follas do outono.
Comezamos tamén a desenrolar a creatividade con pinturas , ceras, gomets... para que botedes un ollo ao interior da aula deixo unhas fotos por aquí:
No hay comentarios:
Publicar un comentario