A hora de ler é o momento que maís me gusta compartir cos pelouros , e un tempo para a calma , eu conto o conto e vexo como as suas caras vanse transformando vivenciando o conto , é máxico! Por eso vos deixo unha pequena reflexión para que tamén na casa compartades momentos de lectura.
A miúdo pensamos que a lectura é unha meta que os nenos/as deben alcanzar cando sexan "maiores", pero o certo é que o amor polos libros cultivase hoxe, na etapa de Educación Infantil. Por que é tan importante lerlles un conto, aínda que non saiban ler por si mesmos?
É o motor da súa linguaxe: Escoitar historias axúdalles a descubrir palabras novas, a estruturar frases mellor e a expresarse con maior claridade.
Adestra o seu "músculo" da atención: Nun mundo cheo de pantallas rápidas, o libro ensínalles a acougarse, observar e manter o foco nunha historia.
Crea un refuxio emocional: Ese ratito compartido antes de durmir ou pola tarde non só é aprendizaxe; é tempo de calidade. Para eles, o libro é a ponte que lles une a vós.
Esperta a curiosidade infinita: Un neno que le (ou ao que lle len) é un neno que se fai preguntas, que imaxina mundos e que desenvolve a empatía ao poñerse no lugar dos personaxes.
Non fai falta ler libros larguísimos. Dez minutos ao día son suficientes para deixar unha pegada que lles acompañará toda a vida. Convertamos a lectura na súa aventura favorita!
No colexio celebramos o Día do Libro , o 23 de abril, contando durante esa semana o conto favorito de cada neno e nena.
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario