Hoxe foi un día moi especial para os Pelouros que foron a asaltar o Castelo de Soutomaior, como actividade de fin do proxecto que nos tivo moi motivados aprendendo moitas cousas da Idade Media.
O viaxe en bus foi especial porque entre amigos e con tanta emoción...
Ao chegar ao castelo estaba esperándonos Anxo o noso guía que nos levou por todo o castelo, contando as historias de personaxes como Pedro Madruga que viviron alí. Coma sempre os Pelouros moi atentos aprendemos moitas cousas da vida no castelo.
Despois da visita guiada tivemos tempo de repoñer forzas cos bocatas .
Para rematar puidemos xogar nos xardins do castelo cos escudos e espadas, pero sen mancarnos! ...
Xa cansos voltamos para o cole , e ainda que tivemos que ter paciencia cun atasco , chegamos a tempo de rematar unha xornada tan divertida!