viernes, 25 de marzo de 2022

VISITA A AULA DE CIENCIAS DO COLEXIO DE PRIMARIA

O pasado xoves fomos de excursión ao cole de primaria para visitar a aula de ciencias e descubrir algúns dos inventos que axudaron a humanidade a avanzar como o microscopio, etc

Tamén aproveitamos para depositar as pilas no contenedor axeitado tratando de que os Pelouros aprendan a importancia da reciclaxe .

Coma sempre que saímos da aula os Pelouros disfrutaron moito co paseo!





martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe os Pelouros celebramos o Día Internacional da Muller. Como o noso proxecto é dos inventos aproveitamos para investigar a biografía de Marie Curie que foi a primeira muller en recibir o premio Nobel. A súa vida foi moi inspiradora e estamos contentos de coñecer máis sobre ela.

Entre tod@s fixemos un mural cos nosos debuxos de mulleres importantes na nosa vida . 


 

sábado, 26 de febrero de 2022

O ENTROIDO

 Hoxe os Pelouros despois de toda unha semana preparándonos, viñeron disfrazados ao colexio para facer festa "rachada" na aula e así festexar o Entroido. A profe Teruca prestounos unhas luces de cores para poder semellar unha discoteca e pasámolo moi ben bailando.


 

 Tamén fixemos unha merenda coas orellas e filloas típicas desta festa e no patio contamos coa actuación da comparsa de Bueu "Os mulos".Grazas a tod@s por participar


 


miércoles, 23 de febrero de 2022

Aniversarios de Febreiro


 Hoxe celebramos na aula dos Pelouros o aniversario de Pablo que xa ten agora 6 anos. Coma sempre fixemos unha pequena festa e comemos uns boliños boísimos, que aínda estaban quentes cando chegaron!

Parabéns para Pablo!!!