domingo, 22 de junio de 2025

Meteoroloxía

 Este último trimestre estivemos facendo unha pequena unidade temática de meteoroloxía, un pouco de práctica co que rexistramos o tempo de cada día, a temperatura...e tamén un pouco de teoría onde aprendemos as estacións , os movementos da terra e fixemos un achegamento ao cambio climático.

 


 

Aniversarios de xuño e xullo

 Esta última semana de cole entre tantas actividades, o xoves 19 , despois do paseo ata o cole de primaria para coñecer as nosas futuras clases, chegamos ao cole moi famentos para celebrar os aniversarios de Leo, que cumpliu 6 anos ese día, e Lara que cumplirá en xullo, así sopraron as candeas e comemos os boliños.

Parabéns!!! 


 

viernes, 20 de junio de 2025

Obra de teatro: " Imos de Romaría"

Este último trimestre estivemos xuntando os dous proxectos do cole: o teatro e a Romaría polo que elaboramos na aula unha pequena obra de teatro co tema da romaría. Estreamos a obra despois de moitos ensaios no festival da nosa graduación e como os Pelouros son uns artistas fixérono xenial!!!


 

domingo, 1 de junio de 2025

Aniversarios de Maio

 Este mes de Maio tivemos de aniversario a Dani e Ada e para celebralo no cole tamén se sumou André que estivera enfermo cando fora o seu aniversario.

  Os tres, moi contentos, decoraron a coroa , e sopraron as candeas para despois degustar os ricos boliños . Parabéns para os tres!