jueves, 22 de abril de 2021

Saída polo río Bispo

 O pasado mércores como había bo tempo decidimos saír para ver os cambios da nova estación :a primavera

.Miramos as hortas

Tamén o río Bispo e os patos , que como son tímidos ante o barullo que facían os Pelouros decidiron escapar voando...
Collemos flores:





Tivemos unha desagradable sorpresa ao atopar lixo tirado no camiño. Os Pelouros estaban moi enfadados porque saben que temos que loitar todos para manter limpos os espacios naturais.
Para rematar escoitamos a mestra explicar para que se usaban os lavadoiros
Como podedes comprobar polas fotos pasamos un tempo fantastico, e temos ganas de repetir






viernes, 26 de marzo de 2021

Aniversarios de Marzo

 Este mes de marzo tivemos de aniversario na clase dos Pelouros a Estela e Paúl , e o pasado venres fixemos na aula unha pequena festa para celebralo , comendo un boliños que estaban deliciosos!




Ovos de Pascua

 Como a Pascua anda cerca , non sei que coelliño sería o que andivo soltando ovos de chocolate polo patio do noso cole, pero os Pelouros souberon atopalos todos , e e a papar!!!




lunes, 1 de marzo de 2021

Día de Rosalía da Castro

Estamos no cole intentando coñecer mais a nosa poetisa galega favorita e para celebrar o seu aniversario, o 24 de Febreiro, fixemos unha manualidade: estas fermosas rosas