O pasado martes os Pelouros empezamos unha nova aventura indo de exscursión á granxa Kiriko . Tivemos moita sorte co tempo , un sol estupendo e alí fixemos moitas cousas : taller de galletas , tocar os animais, traballar na horta e mesmo xogar no parque . pero mellor botades un ollo ao video...
viernes, 30 de mayo de 2025
miércoles, 9 de abril de 2025
Os Pelouros asaltan o castelo de Soutomaior
Hoxe foi un día moi especial para os Pelouros que foron a asaltar o Castelo de Soutomaior, como actividade de fin do proxecto que nos tivo moi motivados aprendendo moitas cousas da Idade Media.
O viaxe en bus foi especial porque entre amigos e con tanta emoción...
Ao chegar ao castelo estaba esperándonos Anxo o noso guía que nos levou por todo o castelo, contando as historias de personaxes como Pedro Madruga que viviron alí. Coma sempre os Pelouros moi atentos aprendemos moitas cousas da vida no castelo.
Despois da visita guiada tivemos tempo de repoñer forzas cos bocatas .
Para rematar puidemos xogar nos xardins do castelo cos escudos e espadas, pero sen mancarnos! ...
Xa cansos voltamos para o cole , e ainda que tivemos que ter paciencia cun atasco , chegamos a tempo de rematar unha xornada tan divertida!
martes, 8 de abril de 2025
Torneo Mediaval
O martes, a mestra de Psicomoricidade, Goretti celebrou un torneo Mediaval para Pelouros e Furabolos que puideron gozar moito con esta actividade. Os dous equipos nobres e cabaleiros enfrentáronse con cabalos e espadas . Tamén tiveron que atopar o tesouro agochado para construir o castelo.
Como recompesa final recibiron unhas monedas de ouro, que estaban deliciosas😋
jueves, 3 de abril de 2025
Protagonista Dani: o avó Luis e a avoa Rosa
Esta semana na aula dos Pelouros tivemos a sorte de contar con Dani de protagonista, que para ser a primeira vez fixoo moi ben: pasou lista , realizou o conteo , colocou as tarxetas do tempo...e o mellor de todo ir o primeiro na fila.
Hoxe xoves viñeron ao cole o seu avó Luis e a avoa Rosa, para falarnos un pouco do traballo que facía Luis antes de xubilarse, capitan de barco de pesca, e foi contando os tipos de barcos que hai, as partes dos barcos, os peixes, os elementos necesarios para navegar... e contestando a todas as preguntas que os Pelouros ían facendo.
Para rematar a avoa Rosa ensinou un debuxo onde tiveron que colocar os nomes e despois colorealo.
Grazas familia por colaborar con esta actividade!

.jpg)
.jpg)
.jpg)