domingo, 1 de noviembre de 2026

Obradoiro de baleirado de cabazas

 Esta semana do Samaín tamén atopamos tempo para baleirar unha cabaza na aula, que Roi trouxo para compartir connosco. 

Entre todos os Pelouros fomos sacando todo o que a cabaciña tiña dentro, fixemos boca ollos e nariz, con toda a aula a escuras, puxemos a candea na cabaza .

Para rematar música de Samaín e baile , que ben o pasamos! 


 




miércoles, 28 de octubre de 2026

Protagonista: Pablo Freire

 Esta semana , está de prota Pablo Freire , e ademais das súas tarefas de prota , hoxe estivo acompañado do seu pai Miguel que veu a facer un pequeno concerto na aula. Tocou a guitarra e cantou   as cancións favoritas dos Pelouros : A vaca Lola, Bartolito e Tiburón .

Os nenos e nenas pasaron un tempo xenial cantando, e para rematar, Miguel deixoulles un agasallo e unha sorpresa: unha canción dos Pelouros cos nomes de todos os nenos e nenas da clase . Que boa idea!

Grazas familia polo esforzo de preparar esta actividade.  


 


Contacontos de Samaín

 Esta semana entramos de cheo no Samaín , decoramos a nosa aula cunhas cabaciñas e tivemos a sorte de gozar dun contacontos de Samaín grazas a Helena e Ana , que nos contaron uns contos terroríficos e fixeron desfrutar aos nenos e nenas sen pasar nadiña de medo. Moitas grazas por o voso esforzo , o sorriso dos cativos é, sen dúbida , a mellor recompensa!


 

sábado, 24 de octubre de 2026

Protagonista : Aroa

 Esta semana empezamos coa actividade do protagonista e tocoulle a Aroa ser a primeira. A proposta da familia foi visitar o lugar de traballo da súa nai Helena , que nos levou a visitar o Supermercado Eroski.

Fomos polo rio Bispo , aproveitamos para ver os cabalos e gozar co paseo. 

Xa no supermercado Helena foinos amosando todas as seccións do supermercado, a panadería onde fan o pan, a froitería, peixería , carnicería... 

Con preguntas para os nenos e nenas, e explicacións, Helena foi unha guía estupenda!

O que máis lle gustou a os Pelouros foi  coñecer no almacén a máquina que aplasta as caixas de cartón, e por suposto, a merenda a que foron convidados por Aroa e a súa familia .

Moitas grazas por facer este esforzo e preparar con tanto agarimo unha visita que lle encantou aos Pelouros.