domingo, 19 de octubre de 2025

As folliñas caen...

 Os Pelouros xa están metidos de cheo na unidade didáctica do outono, e o pasado venres quixemos saír da aula , apoveitando o bo tempo , a recoller unhas poucas follas . Para eso achegámonos ata o instituto Joham Carballeira , pedimos permiso e puidemos gozar xogando debaixo das fermosas árbores que teñen . Podedes imaxinar que ben o pasaron , collían as follas , lanzábanas , xogaron na pendente coma se as follas fosen un tobogán ... ata a mestra acabou co pelo cheo de follas. 

Pero o máis fermoso de todo foi como unha compañeira lembrouse de que Lúa non estaba porque atopábase enferma e tivo que marchar, e dixo que ía recoller unhas poucas follas para Lúa. "Que boa amiga!" dixen eu : meu dito meu feito, todas e todos quixeron ser bos compañeir@s e trouxeron follas para Lúa.

Da gosto ver como en pouco máis dun mes que levamos xuntos xa están xurdindo fermosos lazos de amizade. 

Ao voltar para o noso cole preguntaban cando íamos volver...


 

 


jueves, 9 de octubre de 2025

Paseo polo rio Bispo

 Este mércores os Pelouros xunto con outras aulas sairon do centro para ter un contacto máis directo coa natureza . Esto foi como un anticipo para a nova unidade didáctica sobre o outono que iniciaremos a vindeira semana. 

Estes pelouros son moi observadores e descubrían todo: as follas secas , as flores , o río ... pero o que máis lle gustou foi ver os cabalos. 

Como era a nosa primeira saída foi moi curta, pero xa andan preguntando cando volvemos a saír ...

Chegamos cansos pero moi contentos! 


 


domingo, 28 de septiembre de 2025

Aniversario de Setembro

 

No cole da Pedra cremos na importancia deste tipo de festexos, pois resultan moi significativos para os nenos e nenas, non só incrementa a súa autoestima e o feito de sentirse valorados e protagonistas, senón que mellora a comunicación e reforza vínculos cos compañeiros e compañeiras.

É claramente un momento de vínculo emocional que axuda a fomentar un autoconcepto positivo de nós mesmos.

Este mes tivemos de aniversario a Pablo Fernández que cumpliu 3 anos ao pouco de comezar a escola e aínda que tivo que esperar ao último venres do mes para celebralo na aula estaba moi contento . Decorou a súa coroa , cantamos a canción de Parabéns (aínda non a saben ben) e despois soprou as candeas para poder  comer un boliños todos xuntos. 

 


 

Comeza a aventura

 Xa levamos unhas  semanas de curso e os novos Pelouros, despois dunha breve pero intensa adaptación, xa  están atopándose mais cómodos na aula, co espazo e cos compañeiros e compañeiras . 

Estes primeiros días estiveron explorando libremente todos os rincóns da aula , e por primeira vez en anos,  un dos recantos que mais lle gusta é a biblioteca , o mellor e grazas a André, que nos fixo unha donación de libros que  xa non usa , ou a que lle gusta ver por sí mesmos os contos que vou contando na aula...

Pouco a pouco imos establecendo rutinas e normas, que lle aportan seguridade e tranquilidade, porque son moitos cambios os que estan vivindo, e aínda que na aula gozan coa plastilina , os coches , construccións , puzzles... , sen dúbida o que mais lle gusta e o patio , a nosa montaña, onde gosto de velos recoller as follas do outono.

Comezamos tamén a desenrolar a creatividade con pinturas , ceras, gomets... para que botedes un ollo ao interior da aula deixo unhas fotos por aquí: